Sabiades que Quintana ten un blog?Quintana
Creo que chegou o momento de afiliarse o BNG. Levo un par de anos recibiendo información deles. Sobre charlas, películas, xuntanzas... Tiñao decidido ata que chegou o 11-M.
O atentado marcoume profundamente. Vivía a carón dun hospital en Madrid, pero sobre todo, o día seguinte volvín a Galiza en avión. Fun en metro ata o aeroporto, e no vagón ían comigo persoas de luto, destrozadas, que ían recoñecer cadáveres o IFEMA.
Na manifestación, nesa manifestación na que todo o mundo fose do signo que fose calaba e levantaba as mans, unhas rapazas non paraban de gritar diante de min: "A culpa é do PP", "Non á Guerra", "Puto Fraga" e toladas polo estilo... Eso marcoume moito... Non quería ser coma elas... Pero agora penso que chegou o momento de levantarme do sofá, ser valiente e intentar cambiar algo...
Soa tan utópico...